Tu Menú

   Tu Menú Catering     |         
 

Empresa


Tu Menú Goián S.L. é unha xoven empresa de comidas preparadas do concello de Tomiño, que ata o de agora se dedicaba á venda de pratos cociñados na tenda situada nas súas propias instalacións. Agora está a diversificar a súa proposta de servizos de cara a ofertar servizos de catering  de todas as clases e tamaños, tanto en actos puntuais de carácter lúdico, familiar ou empresarial, como ao servizo diario de alimentación a comedores escolares e outras colectividades en toda a provincia de Pontevedra.

Poden contar connosco para infinidade de servizos na celebración de congresos, inauguracións, actos deportivos, culturais e comerciais, así como festas de empresa, vodase celebracións particularesde todo tipo.

Tu Menú Goián ten como sinal de identidade unha cociña tradicional, caracterizada pola súa exquisita preparación e ampla variedade, onde a coidada presentación é un anticipo do sabor e da calidade dos nosos pratos, sen descoidar ningún detalle e adaptándonos ás necesidades e gustos de cada cliente.

 

 

Galería de Fotos


Tu Menú Catering

Historia

 

 


tu menu
Tu Menú Goián S.L. - Teléfono de contacto 986 62 14 83 
E-Correo: tumenu@tumenugoian.com
tu menu goian